A Asociación dá moita importancia ao aspecto divulgativo artellando unha serie de accións que abranguen diferentes eidos culturais entre as que detaca a creación de grupos artísticos de carácter permanente como Xistra de Coruxo e A Charurga da Xistra; así como outras formacións determinadas por proxectos concretos (TREBOADA GALEGA, RANCHO DE REIS, DANZA DE ESPADAS,...)
Directamente vinculado á historia musical de Galicia de finais do derradeiro século,
XISTRA DE CORUXO aparece no panorama artístico en 1988 como unha agrupación que pretende estudiar, divulgar e actualizar as melodías que noutrora formaron parte dos divertimentos e sentimentos das xentes do Sur galego.
mais información...
O nome CHARURGA resulta da combinación dos termos que definen e diferencian ás dúas formacións que irrumpen con forza na música popular galega desde finais do XIX: a charanga e a murga.
máis información...