El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

      Directamente vinculado á historia musical de Galicia de finais do derradeiro século, XISTRA DE CORUXO aparece no panorama artístico en 1988 coma unha agrupación que pretende estudiar, divulgar e actualizar as melodías que noutrora formaron parte dos divertimentos e sentimentos das xentes do Sur galego.

      XISTRA DE CORUXO foi catalogado como o grupo que mellor trata a evolución musical dentro dos parámetros marcados no eido da tradición galega e o que aporta máis novidades de repertorio, debido fundamentalmente ao seu abondoso arquivo de gravacións de campo realizadas nos derradeiros trinta anos por Xerardo F. Santomé. O "produto-xistra" é de marcado matiz bailable e participativo; o que fai dos seus directos unha verdadeira incitación á troula e ao disfrute nunha cerimonia musical alegremente amenizada por un son característico magníficamente executado polos seus seis compoñentes.

     Ao longo da súa vida artística, XISTRA DE CORUXO ten actuado por toda a xeografía galega, o Norte de Portugal e pola práctica totalidade das comunidades que forman o estado español. Desde 1995 realiza anualmente unha ou dúas xeiras por Europa: Francia, Alemania, Croacia, Chequia,... e deixado pegada nun total de 15 edicións discográficas; das que 5 son en solitario en selos de recoñecido prestixio como Edicións do Cumio, Boa Music ou Zouma Records.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 Reservados todos os dereitos © A. F. Gaiteiros da Xistra
 Camiño do Ceán, 48     /       36.331 - CORUXO (VIGO)
Tfno. +34 606 415 346