|
" X I S T R A |
C O R U X O " |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
D E |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
( O folc galego-minhoto
) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Un pouco da nosa historia
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Foi en Marzo de 1.988, cando XISTRA DE CORUXO realiza a súa primeira aparición en público acompañando ó grupo de bailes tradicionais do Etnográfico "A Buxaina"; acompaña-mento que aínda hoxe perdura a través dalgún dos seus compoñentes e alumnos. A súa evolu-ción e traxectoria musical resúmese nos catro subtítulos que sempre acompañaron ó seu nome |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
"Xistra de Coruxo": Música Tradicional Galega.
Época do quinteto : dúas gaitas e percusións que acompañaban ó baile e ás veces actuaba pola súa conta interpretando pezas e melodías aprendidas polas aldeas de Galicia; sendo esta a característica máis salientable do grupo e que aínda hoxe en día conserva e prevalece sobor de calquera outra. Muiñeiras, Jotas, pasacorredoiras, marchiñas de reis, etc ... formaban o repertorio. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Canto máis se aprendía dos vellos gaiteiros galegos máis
se precisaba a inclusión de novos instrumentos que aínda que non son tradicionalmente
galegos tamén foran empregados por aqueles nos seu tempos: frautín, clarinete,
platillos ... para interpretar melodías que xa ás veces non pertencían ó Cancioneiro
Tradicional Galego. É aquí cando o grupo decide independizarse totalmente.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
"Xistra de Coruxo": Música Popular Galega.
Do quinteto pásase ó sexteto e de ser seis a ser oito compoñentes coa inclusión do acordeón. Había que ocupa-lo oco existente na música do noso país deixado atrás polos grupos folk que paseniñamente ían abandoando as percusións e as melodías propias de Galicia.. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| h | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Tomando coma referencia á fertil existencia de gaiteiros
no Sur da Provincia de Pontevedra que formaron no seu entón grupos de gaitas
e murgas, XISTRA DE CORUXO, decide basa-lo seu novo repertorio en ritmos e
aires procedentes doutros pobos foráneos e que entraron na nosa comunidade
a finais do século XIX e a principios do XX. Ritmos que foran asimilados e
popularizados polos nosos devanceiros: rumbas, sambas, mazurcas, polcas, etc
... XISTRA DE CORUXO segue sen abandoa-las muiñeiras, jotas e demáis que tamén
tocaban aqueles gaiteiros.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Aparece entón a oportunidade ofrecida por Edicións do Cumio
S.A. de perpetua-lo traballo coa grabación do primeiro disco: "Se beillas
arrente, coidado cos terróns"
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| "Xistra de Coruxo": Música Popular en Galego. Debido á boa aceptación do primeiro traballo discográfico, o número de actuacións aumenta, coñécense outros grupos de diferentes procedencias e niveis musicais. Intensifícanse as visitas ó rural galego na percura de máis repertorio. Aparecen as primeiras viaxes a Europa e intercambios musicais. Todo elo provoca novas inquedanzas e gañas de plasmar esas vivencias. Xurde, entón, o dilema da evolución musical: ¿seguir coa música popular ou reconvertirse plenamente á nova moda do folk?. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Afortunadamente XISTRA DE CORUXO segue apostando polo que
os seus membros aprenderon e aprenden naquelas vilas e aldeas actualizando
melodías e así ata conquerir un xeito propio de interpretar e un son personalizado
que o caracteriza dentro do eido músico-tradicional galego, popularizando
e adaptando ó galego canta música entra dentro dos parámetros marcados polo
propio grupo. Froito de todo elo, e da man de Edicións do Fol S.L., aparece
o segundo traballo discográfico baixo o título de "Adicado ..."
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Neste ano 1.997, ademáis da edición do xa mencionado segundo
traballo discográfico, XISTRA DE CORUXO ven de participar na grabación doutros
traballos a nivel mundial: un C.D. compartido con 17 grupos e intérpretes
solistas de diferentes paises, que baixo o título de "Chants de Marins en
Fête" foi grabado no mes de Agosto en Paimpol (Bretaña) e producido pola prestixiosa
"Le Chasse-Marée"; e outro realizado en Balingen (Alemania) con motivo da
"Sackpfeifen in Schwaben", celebrado nos meses de Outubro e Novembro tamén
compartindo con 15 intérpretes doutros tantos paises europeos con gaita. En
ámbolos casos, XISTRA DE CORUXO foi o único grupo que representa tanto a Galicia
coma a España. A onde retornarían tres anos máis tarde para representar ó
folclore da esfera denominada "celta"; quedando reflexada a súa participación
nun novo C.D. editado a finais do ano 2.000.
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
E agora, co principio do novo milenio, XISTRA DE CORUXO
, co aval de Zouma Records, aventúrase nunha nova proposta discográfica: "Xistralia:
República Independente": un adianto do novo xeito de entende-la música
tradicional e amosando un craro concepto "revolucionario": o folc galego-minhoto;
que se pode resumir en que "o Sur de Galicia ten máis de minhoto ca doutras
comunidades próximas e o Norte lusitano máis de galego".
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na República Musical de Xistralia danse biras galegos e
muiñeiras portuguesas; gaitas de diferentes tonalidades misturadas con cavaquinhos
e violas braguesas; os golpes de Treboadas cos dos Zes Pereiras; caldeiros
de latón con castañetas, tréculas e triquilitraques; voces; acordeóns; clarinetes;
... E así ata chegar a un total de 23 instrumentos diferentes que xa foran
empregados noutros tempos polos músicos da "Xistralia Antiga".
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||