***************
PRINCIPAL
***************
XISTRA DE CORUXO
***************
TENDA XISTRA
***************
***************
LINKS RECOMENDADOS
***************
A C T I V I D A D E S
D I D ÁC T I C A S
 
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS
Concertos para Escolares
CONCERTOS FORMATIVOS
MATERIAL  EDITADO
"AS  LIZADIAS": sobre folclore internacional
CONCERTOS PARA ESCOLARES: sobre música popular galega
Alumnos e alumnas de Ensino Primario (de 9, 10 e 11 anos).

Exclusivamente en Auditorio. Durante 50 minutos, aprox.

Semanas antes entrégase carpeta didáctica do concerto adaptada aos obxectivos marcados pola Consellería de Ensino da Xunta de Galicia. Nesta carpeta preséntase os persoaxes, os instrumentos, as melodías e os cantos que días máis tarde serán interpretados no concerto. Asemade, aportánse propostas de actividades didácticas axeitadas a outras disciplinas escolares; tomando principal protagonismo os arranxos musicais adaptados aos instrumentos máis habituais nas aulas de música dos centros de ensino ( xilófonos, pandeiretas, claves, cunchas, ...).

O concerto é conducido polos persoaxes e intérpretes empregando diferentes técnicas encamiñadas á potenciar a atención e a motivación dos/as asistentes: teatro, cabezudos, xogos, ...
***************
Alumnos e alumnas de Ensino Primario (de 9, 10 e 11 anos).

Exclusivamente en Auditorio. Durante 50 minutos, aprox.

Coñecidos os instrumentos e as melodías máis características da nosa música; así como das súas posibilidades de entretemento amosadas nos anteriores "CONCERTOS PARA ESCOLARES DE MÚSICA POPULAR GALEGA -I", e coma continuidade dos mesmos, os "Gaiteiros da Xistra" propoñen un novo pantexamento didáctico.
k
O obxectivo primordial deste novo concerto titulado "AS FORMACIÓNS INSTRUMENTAIS" é o de posibilitar ao alumnado que, no transcurso duns 50 minutos, aproximadamente, poida emprender un camiño con evidente carácter didáctico, que o leve ao coñecemento da música dos "copleiros" (violín, zanfona, ...), das "cantadeiras" (pandeiretas, pandeiras, adufes, latas, ...), dos "cuartetos" (gaita, bombo e tamboril con requinta ou frautín, con clarinete ou cunha segunda gaita) e das "murgas" (engadindo saxofón, acordeón, bombo con platillos, caixa, ...).

O concerto é conducido polos mesmos persoaxes que agora participan dunha romería galega de principios do século XX
***************

Alumnos e alumnas de Ensino Secundario ( 2º, 3º e 4º da E.S.O. )

En Auditorio ou no Centro Escolar. Durante 50 minutos, aprox.

Semanas antes entrégase carpeta didáctica do concerto adaptada aos obxectivos marcados pola Consellería de Ensino da Xunta de Galicia. Nesta carpeta preséntase os os instrumentos, as formacións tradicionais, os ciclos do ano, as danzas, as melodías e os cantos que días máis tarde serán interpretados no concerto. Asemade, aportánse propostas de actividades didácticas e arranxos musicais adaptados aos instrumentos máis habituais nas aulas de música dos centros de ensino ( xilófonos, pandeiretas, claves, cunchas, ...).

Apoiándose en proxeccións fotográficas e comentarios, os intérpretes conducen o concerto baseado nos repertorios aprendidos en traballos de campo realizados por XISTRA no Sur galego. O fío conductor será a cronoloxía na aparición e emprego de instrumentos populares e as formacións musicais galegas derivadas das súas combiancións: a voz, as percusións, cuartetos, murgas, ...